Prelatura persoal

O bispo Álvaro del Portillo foi o primeiro prelado do Opus Dei.

Unha prelatura persoal é unha institución da Igrexa Católica, erixida pola Sé Apostólica para levar a cabo peculiares obras pastorais ou misionais en favor de varias rexións ou de diversos grupos sociais.[1] Á fronte da prelatura persoal está un prelado que, axudado polos presbíteros e diáconos incardinados na prelatura, realiza a súa misión pastoral, en favor dos fieis da prelatura. O prelado pode ser bispo ou presbítero, aínda que o carácter episcopal é congruente coa misión pastoral que se confía ao prelado; de feito os primeiros prelados da Prelatura do Opus Dei recibiron a ordenación episcopal. Tamén pode haber laicos que colaboran organicamente na prelatura persoal.

Existe na Igrexa Católica outra figura denominada tamén prelatura, a "Prelatura Territorial". Esta é unha case-diocese, réxese polo dereito común da Igrexa (non por estatutos) e ten un pobo propio formado principalmente por laicos, ao que o prelado e o seu presbiterio prestan a atención pastoral ordinaria.

Existe actualmente unha única prelatura persoal: a Prelatura da Santa Cruz e Opus Dei, creada polo papa Xoán Paulo en 1982.[2]

  1. A prelatura persoal no dereito de la Igrexa, en Iuscanonicum.
  2. Páxina oficial do Opus Dei

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search